A reapertura do Pazo de Meirás posponse polas restricións sanitarias

Estaba fixada inicialmente para este sábado, 30 de xaneiro. 
Instalacións do pazo de Meirás. (Foto: M Dylan / Europa Press)
photo_camera Instalacións do pazo de Meirás. (Foto: M Dylan / Europa Press)

A Delegación do Goberno español na Galiza informa que a reapertura do Pazo de Meirás queda en suspenso "seguindo a recomendacións sanitarias ante a evolución da pandemia da Covid".

O nivel de alerta máximo decretado pola Xunta e con efectos a partir desta quinta feira aconsella, sinala a Delegación, a modificación da data anunciada de apertura á cidadanía que estaba fixada inicialmente para este sábado, 30 de xaneiro.

As novas medidas aprobadas pola autoridade delegada inclúen o peche de museos, bibliotecas e recintos de carácter cultural ademais do endurecemento das restricións de carácter social.

Desde a Delegación do Goberno reitérase que esta medida é temporal, sempre que a evolución da pandemia e das normas sanitarias asociadas a ela non indiquen o contrario.

Por tanto, mantense a decisión abrir inicialmente os xardíns e o exterior antes que a parte interior dos edificios, e sempre con seguridade e coas medidas que apunten as autoridades sanitarias. En canto á nova data prevista, determinarase unha vez finalice o período de alerta máxima decretado pola Xunta e en función das novas disposicións que estableza a Administración Autonómica respecto diso.

Comentarios