Os campos de concentración, unha modalidade de reclusión posta en marcha por primeira vez polos españois na illa de Cuba durante as loitas que precederon a súa independencia e que posteriormente foron exportadas por outras potencias europeas as súas posesións coloniais, poboaron a paisaxe galega durante practicamente sete anos.
Un dos campos de concentración da Galiza mellor estudados, polos traballos de Xosé Manuel Suárez, emprazábase a carón da praia da Magdalena, en Cedeira, na comarca de Trasancos. O centro penintenciario declaraba en marzo de 1938 ao redor de 724 prisioneiros políticos.
Muros
O concello de Muros, na comarca do mesmo nome, contou con dous centros deste tipo. Un deles, o campo de Anido, situábase nunha antiga conserveira da parroquia de Serres, atópanse actualmente reconvertido nun negocio hostaleiro. O outro, o campo de Vieta, emprazábase no cabo de Muros
A Pobra do Caramiñal, na comarca do Barbanza, dispuxo de dous campos de concentración. O principal, o campo do Pozo, situado a carón da praia onde desembocan o río das Pedras e o Lerez, fronte a fabrica de electricidade de Valverde, chegou a acoller máis de 900 presos políticos en 1939.
Illa de San Simón
O campo de concentración da Illa de San Simón, no concello de Redondela, mantívose aberto entre 1936 e 1943, confinando miles de presos políticos. Segundo sinalou o historiador Xoán Carlos Abad Gallego, ao longo dos seus sete anos de funcionamento morreron no mesmo 517 demócratas, a maioría deles por falta de atención medica e de problemas alimentarios.
O antigo colexio dos xesuítas en Camposancos, no concello da Guarda, na comarca do Baixo Miño, operou como campo de concentración desde 1937. O espazo, onde estiveron retidos a un tempo até 1.800 persoas, foi un autentico campo da morte para centos de demócratas, chegando a ditarse 225 penas capitais só en 1938.
O mosteiro de Oseira, en San Cristovo de Cea, comarca do Carballiño, foi outro centro de reclusión para presos políticos desde agosto de 1936 até o ano 1938, participando os prisioneiros na obras de rehabilitación do espazo. Precisamente, no verán de 1937 estaban detidos neste campo de concentración máis de 700 persoas.