Análise

O priscilianismo na Ermida (Quiroga)?

Prisciliano foi un carismático persoeiro, que nace cara ao ano 350, con toda probabilidade nun lugar da antiga Gallaecia. Foi consagrado bispo de Ávila cara ao ano 381 e axustizado en Tréveris no 385 por orde do emperador usurpador Máximo, baixo as acusacións de maniqueísmo e maxia vertidas por algúns dos bispos opoñentes, exasperados pola expansión da súa doutrina, de contido socialmente reivindicativo e de fácil asimilación para o pobo sinxelo. O historiador Xosé Estévez achéganos esta análise no Sermos Galiza 261. Eis un extracto.

Réplica do Crismón de Quiroga
photo_camera Réplica do Crismón de Quiroga

5Sobre o lugar de enterramento de Prisciliano na Gallaecia existen varias hipóteses. A da súa inhumación en Santiago foi sustentada polo francés Monseñor Duchesne e admitida por historiadores galegos como Manuel Murguía. Pero tamén contamos con outras teorías. Para o bispo Guerra Campos non sería desatinado afirmar que o corpo de Prisciliano e os seus discípulos acougarían xunto á capela dos Martores de Valga (Pontevedra). O arqueólogo Augusto Piay inclínase por situalo en Astorga, no desaparecido mosteiro de San Dictinio, e para o galeguista Celestino Fernández de la Vega non sería desaxeitado que os seus restos repousasen no monumento de Santa Eulalia de Bóveda.

A personalidade de Prisciliano e o seu movemento suscitou sempre un extraordinario interese e foi tratado por numeroso autores, algúns xa citados neste artigo, e outros, cuxa listaxe sería moi longa.

Para min os restos de Prisciliano poderían atoparse, unha hipótese suxestiva, na Ermida (Quiroga), un antigo castro e un santuario, cunha virxe moi venerada na bisbarra, un curruncho recóndito, abeirado de posibles profanacións. Só sería demostrable o contrario se se levasen a cabo escavacións arqueolóxicas na igrexa e nos arredores.

[Podes ler a análise íntegra no Sermos Galiza 261, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Máis en Información do Reino
Comentarios