Presentan un proxecto para crear o Museo da guerrilla galega

Ubicaríase en Chantada e combinaría a función de centro de estudio e documentación con ofertas como roteiros por lugares emblemáticos da loita anti-franquista.

O Piloto
photo_camera Xosé Castro, 'O Piloto'

O escritor e xornalista Alfonso Eiré e o responsábel local do BNG en Chantada, André Sánchez, presentaron esta quinta feira, e co gallo do 40 cabodano da morte de Franco, o proxecto para a creación nesta localidade do Museo da guerrilla galega. Unha iniciativa na que se combinaría tanto a función do museo, para o que propoñen o nome de 'O Piloto', como lugar de preservación e exposición, con outras actividades.

Así, os promotores do proxecto apostan en que o Museo terá unha vertente de centro de estudio e documentación da memoria histórica da guerrilla. E, ao tempo, ofertaría propostas como roteiros por lugares emblemáticos do combate contra o franquismo, como aqueles nos que viveu, combateu e morreu Xosé Castro Veiga, 'O Piloto'.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios