O PP pide que se manteña a vidrieira coa águia de Franco na casa do concello da Coruña

Reclama a retirada da partida dos orzamentos municipais consignada para a súa retirada.

vidreira coruña franco escudo CRMH
photo_camera Imaxe: CRMH

O PP quer que na entrada principal de María Pita, casa do concello da Coruña, se manteña a vidriera coa águia franquista e que o goberno local non a retire, tal e como auniciou o alcalde Xulio Ferreiro que farían en 2017 en cumprimento da Lei da Memoria Histórica. A portavoz dos populares coruñeses, Rosa Gallego, en declaracións á Cadena Ser, reclama que se retire a partida consignada nos orzamentos municipais para a súa retirada e que eses cartos vaian a fin sociais. Gallego defende que abonda con colar unha praca explicativa e que non fai falla retirar esa vidrieira.

O pasado mes de xullo o Concello procedeu a retirar da súa galería de alcaldes os retratos de Fuciños Gayoso e Hernñan Martín, dous militares que tomaron parte no golpe franquista e que foron rexedores da cidade nos anos 1936 e 37. 

Comentarios