A Xunta di que agora é máis difícil acceder a Meirás que cando era propiedade dos Franco

Román Rodríguez afirmou que o Pazo de Meirás "deixou de ser" un asunto "prioritario".
Pazo de Meiras. (Foto:Europa Press)
photo_camera Pazo de Meiras. (Foto:Europa Press)

O deputado do PP no Parlamento galego Alberto Pazos Couñago asegurou esta cuarta feira que "curiosamente, para os galegos resulta máis complicado acceder ao Pazo de Meirás cando está a ser custodiado polo Goberno que cando estaba en mans da familia Franco".

O deputado popular fixo esta reflexión durante unha pregunta parlamentaria ao conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, sobre a situación do Pazo de Meirás.

Segundo Pazos Couñago, asociacións pola memoria ou a propia Xunta solicitaron permisos e o Goberno español "dixo que non". "Isto está a pasar co silencio dos que non hai moito tempo exixían a apertura, pero agora calan e rinse", alegou.

O deputado tamén manifestou que non "sospeitaban" que o Estado español "ía gardar debaixo da alfombra" as chaves e "botar o cadeado".

Resposta de Román Rodríguez

Na súa quenda de intervención, Román Rodríguez destacou que o labor de "solvencia" da asesoría xurídica da Xunta e da Avogacía do Estado permitiu recuperar a titularidade do Pazo de Meirás, pero afirmou ter a "sensación" de que o Pazo de Meirás "deixou de ser" un asunto "prioritario".

Rodríguez sinalou que "as chaves están en mans do Estado" pero o pazo está "pechado" desde a súa incorporación ao patrimonio público, algo que é "indubidábel" e que, a pesar de que se solicitaron permisos para poder facer actos, foron “denegados”.

"Non é positivo para a cidadanía", subliñou o conselleiro, para despois preguntarse "como é posíbel o que está a pasar".

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios