Na terza feira 29 de novembro Acción Antifascista A Coruña denunciaba a través da súa conta de twitter as pintadas ultradereitistas que profanaban o memorial, con lemas como “Franco PSOE cerdos”. O monumento atópase na avenida de Navarra, preto da Torre de Hércules, o Campo da Rata e o cemiterio de San Amaro, o denominado “triángulo da represión coruñesa”.
As pedras homenaxean os nomes de 600 persoas fusiladas polo fascismo nas localidades da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros y Sada. A obra, deseñada polo escultor Xosé Val Díaz, foi inaugurada en 2010 grazas ao traballo da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
O Monumento ás vítimas da represión franquista nas Durmideiras apareceu con pintadas fascistas.
— Acción Antifascista A Coruña (@CorunhaAntifa) October 29, 2019
Nestas pedras repousan os nomes de 600 persoas fusiladas polo fascismo. Nunca no esquecemento! pic.twitter.com/1TlnuavwTW