V SIMPOSIUM MONTE PINDO

O Pindo lembra os seus fuxidos

En 1936 milleiros de persoas subiron ao Monte Pintdo para fuxir do golpe. Agora a asociación Monte Pindo Parque Natural organiza o ‘V Simposium Monte Pindo. ‘’A memoria dos fuxidos’ para lembralo. Será mañá sábado 1 de outubro no pósito do Pindo.

fuxidospindo
photo_camera Á esquera, fuxidos no Monte Pindo, fotografados á súa chegada a Bristol tras fuxir por mar no As. Á dereita, José Piñeiro Casais, mariñeiro do Pindo de 21 anos do que a súa familia non volveu saber nada tras ser encarcerado.

Milleiros subiron daquela ao mítico monte para zafarse. Eran galeguistas, republicanos e sindicalistas. Moitos morreron alí, outros fuxiron e outros entregáronse a cambio de falsas promesas de amnistía. “Pero poucos, moi poucos, volveron ver as súas familias”, segundo a organización, que quere recobrar con este simposio “a memoria de tantas vidas segadas pola barbarie, para que nunca máis se esqueza o que aquí pasou”. 

Pola mañá terá lugar a proxección do filme ‘A mariñeira de Quilmas’, con posterior coloquio a cargo de Darío Xohán Cabana (autor do relato) e Antón Dobao (director da fita). Logo Eliseo Fernández, un dos máis destacados especialistas galegos na Guerra Civil, dará unha palestra sobre “Evasións por mar na Guerra Civil: os fuxidos do Pindo”. 

Pola tarde o historiador Luís Lamela ofrecerá un relatorio sobre “A sublevación militar franquista e os escapados do Monte Pindo”. A continuación, será Xosé Ramón Ermida quen faga o propio sobre “Galeguismo e represión en Carnota e bisbarra”.