O Bloque propón a modificación da Lei de Amnistía para axuizar os crimes da ditadura

A Proposición de lei foi presentada no Congreso d@s deputad@s e procura rematar coa "impunidade" da represión franquista. a organización frontista lembra que esta reforma "é partillada polo mesmo relator da ONU".

A proposta de modificación da lei de Amnistía de 1977 xa fora presentada polo Bloque Nacionalista Galego en 2010 e 2011. Porén, “sempre nos atopamos coa oposición do PP e do PSOE”, lembran desde a organización frontista. Agora, após a visita do relator das Nacións Unidas, Pablo De Greiff e das conclusións deitadas por este no seu informe preliminar, as deputadas do Bloque no Congreso español agardan que os dous partidos maioritarios apoien unha reforma lexislativa que, sinalan, "é partillada" pola propia ONU. 

Neste senso, desde o BNG demandan a non aplicación da lei para "os crimes, asasinatos, toruturas" de "xenocidio ou de lesa humanidade". Unha disposición, indican, que "será aplicábel retroactivamente a todas as resolucións administrativas ou xudiciais que garden relación" coa ditadura fascista. 

A PL propón a "non aplicación" da Lei de Amnistía para dos crimes da ditadura

O obxectivo, apuntou a deputada nacionalista Rosana Pérez, é tombar unha lei que se converteu "nun obstáculo para investigar os crimes da ditadura franquista e facer xustiza coas vítimas". Demandas, ás que se sumou esta segunda feira o relator da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, Pablo De Greiff. 

Segundo a organización frontista, a Lei de Amnistía de 1977 rematou por "equiparar a vítimas e verdugos" ao defender "a non persecutoriedade dos crimes e violacións de dereitos fundamentais" amparados pola ditadura. O que a converteu, apuntou Rosana Pérez, nunha "lei de punto final". 

Neste senso, desde o BNG instan a rematar coa "impunidade" dos represores e a "repor o dereito a obter xustiza" catro décadas despois. 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios