Pesar polo falecemento de Fernando Miramontes, un referente da loita obreira e antifranquista

Ferrolán da colleita de 1935 estivo nas loitas de marzo de 1972 na súa cidade, cando foi detido e torturado, e xa tras a morte do ditador, foi membro da Corporación municipal.

Jorge Suárez Fernando miramontes foto do FB de Suarez
photo_camera Jorge Suárez e Fernando Miramontes (Foto: FB de J.S)

Faleceu Fernando Miramontes, outro deses nomes que, como o tamén recentemente falecido Luís González ‘Ferreiro’, foron refrentes na loita obreira e antifranquista. Miramontes, nado en 1935, tamén foi membro do Partido Comunista e soubo o que foi o cárcere e a tortura.

Estivo nos sucesos do 10 de marzo de 1972 no naval ferrolán, o que lle custou detención e tortura. Antes, estivera emigrado en Francia. Foi ao volver, a finais dos 60, cando se uniu á actividade antifranquista na Galiza.

Xa na etapa democrática, foi edil comunista e de Esquerda Unida e exerceu como primeiro tenente de alcalde de Ferrol en coalición co PSOE.

A súa formación,  Esquerda Unida, definiuno como "compañeiro e un dos referentes da loita obreira da nosa cidade". Nun comunicado, mostrou as "condolencias á súa familia". 

En redes sociais, a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, lamentou a súa morte e escribiu que en Miramontes "todo era unha lección de vida, compromiso político e alegría". "Foi tan valente como xeneroso e íntegro", afirmou.

O ex alcalde, Jorge Suárez, tamén lamenrou o pasamento do histórico militante (“que a terra te sexa leve, camarada Fernando”. “O gavilán; referencia de clase obreira e coherencia, humildade e clarividencia”. escribió el edil ferrolano, que afirmó que se pierde a «un dos maiores referentes da nosa cultura política, un amigo».

Comentarios