As pegadas do terror en Ferrolterra: mil nomes para o memorial dos asasinados polo franquismo

ferrol memoria historica

O Pleno municipal de Ferrol aprobou o 29 de setembro do 2017 (sen ningún voto en contra) a construción dun memorial que recollerá a lista nominal de vítimas do franquismo nos territorios de Eume-Ferrolterra-Ortegal, tomando como centro de referencia Ferrol como lugar onde a represión mortal foi cuantitativamente máis elevada. A elaboración da nómina de vítimas foi confiada a  Bernardo Máiz Vázquez e Xosé Manuel Suárez.

Agora, o Concello de Ferrol vén de publicar esta semana na súa web una listaxe con nomes e apelidos de 984 vítimas do franquismo na comarca. Entre os anos 1936 e 1976, “catro décadas de represión sistemática e implacable”

A listaxe estará dispoñíbel durante 15 días para achegas de particulares. Unha porta para correxir posíbeis erros e omisións, endagir nomes… “Recollerá a listaxe nominal, alfabética e cronolóxica, dos asasinados nos territorios de Eume, Ferrolterra e Ortegal, tomando como centro de referencia Ferrol”

Comentarios