Memoria feminina da cidade

Paseo pola Coruña das mulleres

Mulleres sen cancelas é o nome co que a asociación cultural Alexandre Bóveda bautizou o seu roteiro pola memoria feminina da Coruña. Será o vindeiro sábado, 9 de marzo, entre as doce e as dúas do mediodía, entre o Obelisco e a praza da María Pita.
 

Torre de Hércules
photo_camera Imaxe antiga da Torre de Hércules, na Coruña. Foto: cedida.

Na iniciativa intervirán mulleres de relevo público: a xornalista Carme Vidal, a cineasta e profesora Margarita Ledo, a deseñadora Melania Freire, a profesora e ex deputada do BNG Carme Adán, as músicas Najla Shami e Susana Seivane, a actriz Mabel Rivera, a escultora Soledad Penalta, a poeta Luz Pozo Garza, e mais as Pandeireteiras das Encrobas.

No percorrido haberá outras protagonistas, tamén mulleres, pero da historia, as que contribuíron a moldar a urbe. Falarase da pedagoga e ensaísta Concepción Arenal, da modista e militante galeguista María Miramontes, das escritoras Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, da actriz María Casares, a xornalista Mari Luz Morales, a escritora e activista liberal Juana de Vega, a escritora Syra Alonso, a política galeguista Micaela Chao, as pintoras María Corredoyra e Lolita Díaz Baliño, e a militante republicana Amparo López Jean.

Comentarios