O Parlament de Catalunya inicia o proceso para anular os consellos de guerra franquistas

O pleno votou a favor de impulsar unha lei que declare nulos os 20.000 consellos e as sentenzas.

parlament catalunya

O Parlament viviu esta cuarta feira un día histórico. O pleno aprobou impulsar unha lei que declare nulos os consellos de guerra do franquismo e as sentenzas que estes ditaron, condenando a milleiros de persoas a penas de morte e prisión. A proposición de lei presentárona conxuntamente Junts pel Sí, Catalunya sí que es pot e a CUP, co apoio de colectivos e entidades que traballan pola memoria histórica e de familiares de represaliados.

Carme Forcadell, presidenta do Parlament, comezou o debate dando a benvida aos representantes desas entidades, unhas palabras acollidas cun forte aplauso. Desde as familias de represaliados xa se indicou que agardan que o goberno español respeite a decisión do Parlament.

Desde JxSí, Montserrat Palau subliñou que era preciso dar este paso por "memoria, xustiza e democracia". Mireia Boya (CUP) denunciou que no 78 no Estado español houbo "un pacto de silencio e maquillaxe" e retou o goberno español a recorrer e anular a decisión adoptada polo Parlament. "Na República catalá, o encubrimento de crimes franquistas non ten cabida". Por Catalunya sí que es Pot, Joan Josep Nuet afirmou que os homes e mulleres condenados neses “20.000 xuízos do franquismo non eran delincuentes, eran xente que loitou pola súa terra e as súas ideas”.

Fernando Sánchez (PP) anoxou os familiares de vítimas e represaliados ao afirmar que "non debemos abrir trincheiras e pantasmas, non queremos cravar de novo as estacas". 

Comentarios