Ordes, 1936

Non hai moitas semanas, durante unha conversa mantida con dúas psicólogas que estudan a casuística e outros factores que provocan o elevadísimo número de suicidios na comarca de Ordes, ao dar conta do resultado das entrevistas mantidas durante o traballo de campo, concluíron (en xeral) que encontraron unha sociedade pechada, oprimida, vitimaria, traumatizada… e preguntábanse se unha parte deses traumas chegaran aos nosos días pola herdanza interxeracional.
Milicianos fascistas en Ordes en agosto de 1936. (Foto: Obradoiro da História)
photo_camera Milicianos fascistas en Ordes en agosto de 1936. (Foto: Obradoiro da História)

Uns días antes

Como resposta á sublevación militar do 18 de xullo de 1936, ao día seguinte fórmase o Comité da Fronte Popular de Ordes, que defende con escopetas e trincheiras a vila até o 24 de xullo, día no que entra triunfante o exército sublevado procedente da Coruña. A brutal represión nos días posteriores ao 25 de xullo en Ordes está relacionada cos precedentes políticos que se deran no concello durante a Segunda República, nomeadamente, durante o goberno municipal da Fronte Popular entre abril e xullo de 1936 e pola resistencia que se organizara contra a sublevación.

Dirixentes da Fronte Popular, persoas vinculadas á esquerda, demócratas… son perseguidos, masacrados e encadeados brutalmente. Unha vintena de persoas que non causaran ningún alboroto nin dispararan un só tiro son detidas e procesadas.

A sentenza deste xuízo farsa (Causa núm. 230/36) foi condenar a morte por “rebelión militar” a 12 persoas (once delas  fusiladas en febreiro de 1937); mentres que oito dos detidos pasarían varios anos en prisión.

Triunfante o golpe, a ditadura impuxo o terror e a barbarie con secuestros, aldraxes, torturas, humillacións, asasinatos… A represión franquista utilizou a violencia e o medo para someter a poboación, lexitimou o horror, protexeu os paramilitares e promulgou leis co fin de “salvar España”…

En definitiva, violáronse os máis elementais dereitos e os seus brazos executores quedaron impunes para sempre (véxase a Lei de amnistía de 1977 e a ultradereita reivindicando a ditadura, sementando odio e terxiversando demagoxicamente a historia).  

Os falanxistas, matóns e vingadores de Ordes, coa cobertura esperpéntica da Garda Civil, axiña deron mostras de como se ía desenvolver a vida cotiá durante o franquismo.
"No estaban conformes los fascistas con la sangre vertida en los “paseos” y los fusilamentos. Una mañana cerca del mediodía, para que hubiese más gente mirando, fueron buscando por las casas a aquellas mujeres y a los hombres que les parecían que eran más simpatizantes de la República. Algunos jóvenes, otros bastante mayores. Les cortaron el pelo al cero y les obligaron a desfilar por las calles más céntricas de la villa, principalmente la de Alfonso Senra… De trecho en trecho, los esbirros armados con fusiles cargados, les hacían detenerse, a culatazos, para que gritaran “¡Viva Franco! ¡Arriba España!”, y así a la ida y a la vuelta".

Se queres continuar descubrindo cales foron 'Os nomes do terror' na comarca de Ordes, non tes máis que achegarte ao quiosque ou conectarte á nosa tenda online para a lectura do xornal a través da nube. Non faltes máis á cita con Nós Diario e subscríbete con urxencia!

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios