O Estatuto en Monserrat

Captura de pantalla (20)

O 1 de febreiro de 1938, nas Cortes celebradas en Montserrat, tivo lugar a admisión a trámite do Estatuto de Autonomía de Galicia. A sesión non se celebrou no Parlamento temendo os bombardeos sobre Barcelona. Ás 11 en punto o presidente, Martínez Barrio, leu a orde do día ”Con todos los preceptos marcados por el reglamento ha sido presentado a la Mesa el estatuto de la región gallega. Yo ruego a los diversos grupos se sirvan comunicar a esta Mesa los diputados que han de representarles en la Comisión encargada de producir el correspondiente dictamen”.

Aí quedou a cousa. Dous anos antes, xullo do 36, o Comité Central da Autonomía de Galicia entrega no Parlamento Español o texto do Estatuto aprobado en referendo. Coa sublevación militar fascista o documento non foi admitido a trámite e andou medio perdido até esa reunión das Cortes que o incluíu na sesión. Mais quedará novamente paralizado e haberá que agardar á reunión de Cortes da República en México, 1945, para recoñecer que “Galicia deixou expresada a súa vontade de Autonomía no texto do Estatuto plebiscitado e aprobado polo pobo galego” 

Non foi moito, mais foi suficiente para que Galiza fose tida en consideración na Constitución do 78. De “región” a nacionalidade. Epur si mouve.

Este texto viu a luz no Sermos232. 
 

Comentarios