Segundo o Taboleiro do Libro Galego

'Os nomes do terror', o ensaio máis vendido dos últimos catro meses

Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron -volume editado por Sermos Galiza- é, segundo o Taboleiro do Libro Galego, o ensaio máis vendido dos últimos catro meses. Así o certifica a enquisa a sete das principias librarías do país realizada pola páxina web de crítica e creación literaria Cicloxénese Expresiva.
 

[Imaxe: Foto extraída do libro de José Luis Díaz Siembra y memoria. Muerte y evocación de un médico republicano (2010)] Escuadra Negra de Eirexalba.
photo_camera Escuadra Negra de Eirexalba. Foto: cedida.

O Taboleiro, que durante varios anos realizou o crítico Ramón Nicolás e que desde o pasado maio se atopa a cargo da citada web, consulta as vendas por xéneros nas librarías Trama de Lugo, Cronopios de Pontevedra e Compostela, Andel do Libro de Vigo, Miranda de Bueu, Paz de Pontevedra, Lila de Lilith e Chan da Pólvora de Compostela.

Aínda que a recolla de datos é aleatoria, si funciona como mostra representativa e confirman unha realidade: Os nomes do terror, primeiro volume monográfico centrado na identidade e práctica dos verdugos fascistas en Galiza, leva xa dúas edicións e máis de 2.500 exemplares vendidos.

Comentarios