domingo 01/08/21

“Naceu unha nova nación, a República da Galiza”: 90 anos da proclamación

O 26 de xuño de 1931, o xornal estadounidense 'Chicago Tribune' informaba que “na esquina noroeste de España, naceu unha nova nación, a República da Galiza, que aspiraba á dignidade dun Estado federal”. A información, asinada polo seu correspondente no Estado, o escritor John dos Passos, afirmaba que “en Ourense, un pequeno grupo de conspiradores, tocou campás e fixo sonar sirenas antes do amencer desta mañá, proclamando a República da Galiza. Con Catalunya esixiron autodeterminación no marco federal”.
Manifestación polas rúas de Ourense nos momentos previos á proclamación da República galega. (Foto: Vida Gallega) #ourense #república #manifestación
Manifestación polas rúas de Ourense nos momentos previos á proclamación da República galega. (Foto: Vida Gallega)
Hai 90 anos, o 25 de xuño de 1931, ficaba proclamada en Ourense a República galega . Arredor da unha da madrugada, unha gran manifestación, conformada maiormente por operarios das obras dos camiños de ferro chegados de todas as comarcas…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios