NON DES A ESQUECEMENTO

Na memoria de Emilia Cabaleiro Amoedo, asasinada en 1937

O blog Non des a esquecemento, de Luis Bará, lembra a historia da veciña de Redondela, Emilia Cabaleiro Amoedo, brutalmente asasinada en mans fascistas en 1937. 

16 de febreiro de 1937. No Alto da Encarnación, en Chapela, aparecen de madrugada 5 corpos formando unha das máis macabras escenografías do terror falanxista. Son Higinio Fernández, de 20 anos, Manuel Vázquez Lamas, de 30 anos, Antonio Alonso Comesaña, de 29 anos, Antonio Cabaleiro Amoedo, de 26 anos, e Emilia Cabaleiro Amoedo, de 54 anos. Crimes abominábeis naquela escuridade alevosa e impune. Hoxe lembramos os seus nomes, lembramos a Emilia Cabaleiro Amoedo, muller solidaria, para que non se instaure a desaparición definitiva, a morte última, o Esquecemento.No blog Non des a esquecemento. 

Comentarios