As mulleres das Irmandades, precursoras da igualdade

A Gentalha do Pichel homenaxea Maria Miramontes, Amparo López Jean, Micaela Chao Manciñeiras, Elvira Bao, Pura Lorenza, Coroa Gonzalez entre outras. 

O centro social compostelán, A Gentalha do Pichel, organiza un acto de conmemoración das Irmandades da Fala no que focarán a atención no papel das mulleres que fixeron parte das mesmas. Desde a Comisión de Histórica da Gentalha aseguran que as institucións públicas e culturais que están a promover homenaxes e eventos arredor do centenario das Irmandades non están a "prestar a debida atención ás mulleres da fala o que evidencia que continuamos en moitos aspectos igual que neses anos de principios do século XX". 

Irmandades da falaNeste senso, organizan un "acto de rúa" para "render tributo" a nomes como Maria Miramontes, Amparo López Jean, Micaela Chao Manciñeiras, Elvira Bao, Pura Lorenza, Coroa Gonzalez, entre outras. "Mulleres do seu tempo, modernas, traballadoras e activistas", din, que "foron pioneiras en moitos aspectos como o de loitar para que a muller fose suxeito político". 

No acto, intitulado 'Irmandades em lilás' estarán presentes Comba Campoy, Encarna Otero e Susana Aríns. Terá lugar na Rúa do Vilar o 27 de maio a partir das 19 horas

No número 196 do semanario en papel, Sermos Galiza dedicou un caderno monográfico á Galiza das irmás, no que se repasa a figura das mulleres que fixeron parte das Irmandades mais tamén do ideario político destas agrupacións que situou a igualdade das mulleres no primeiro plano das súas reivindicacións políticas. 

Comentarios