Miguel Anxo Seixas diserta sobre Castelao e Seoane na Academia das Belas Artes

O vicepresidente da Fundación Castelao e doutor en Historia da Arte Moderna impartirá unha conferencia o martes 12 ás 20 horas no marco dos actos polo Día das Letras Galegas 2019.

MIGUEL ANXO SEIXAS SEOANE
photo_camera [Imaxe: Xurxo Lobate] Miguel Anxo Seixas Seoane

O salón de actos da Academia Galega de Belas Artes, na Coruña, acollerá o martes 12 ás 20 horas unha conferencia de Miguel Anxo Seixas, vicepresidente da Fundación Castelao e doutor en Historia da Arte Moderna, titulada Castelao e Seoane: Miradas cruzadas

Nela disertará sobre o feito de que, a pesar da diferencia de idade, Castelao e Seoane van compartir unha serie de vivencias comúns: ambos os dous coñeceron de nenos a emigración en Arxentina, estudarán en Compostela e serán autodidactas na arte. Tamén militarán na defensa da lingua e da cultura galega, así como na actividade política que rematarían por desenvolver dentro do Partido Galeguista, sufrindo o exilio en Bos Aires.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios