A memoria do campo de concentración do Arnao sae a luz

O centro acolleu máis de 2.000 presos políticos entre 1936 e 1943 .
Sin nombre
photo_camera Barracón do campo.

Os campos de concentración poboaron Galiza durante practicamente os sete primeiros anos da ditadura franquista. Ribadeo, Cedeira, Ferrol, Muros, A Coruña, Compostela, A Pobra, Rianxo, Padrón, Figueirido, San Simón, Oia, Camposancos, Oseira, Celanova ou Ribas de Sil foron algunhas das localidades galegas onde o franquismo instalou estes centro de detención.

A súa posta en funcionamento respondeu as necesidades de espazos de internamento onde recluír aos opositores políticos, derivados da lóxica represiva instaurada polo franquismo e da propia evolución do conflito bélico, moi particularmente tras a caída da denominada fronte norte e posteriormente da derrota definitiva do exercito popular.

A memoria do campo de concentración do Arnao, no concello das Figueiras, nas terras estremeiras do Eo-Navia vén de saír á luz grazas á unha investigación de Fernando García Rodríguez, publicada baixo o título de Memoria de Arnao. Campo de Concentración de Figueiras.

Segundo estudou García Rodriguez, o campo permaneceu aberto entre 1936 e 1943, distinguíndose un primeiro período onde estivo ocupado por presos da zona e da fronte norte

Segundo estudou García Rodriguez, o campo permaneceu aberto entre 1936 e 1943, distinguíndose un primeiro período onde estivo ocupado por presos da zona e da fronte norte, un segundo que coincidiu coa derrota do exercito popular e unha terceira, iniciada á volta de 1939, onde son recluídos no mesmo familiares de destacados dirixentes guerrilleiros da área galega e asturiana. O centro de detención, polo que pasaron máis de 2.000 persoas acolleu indistintamente homes e mulleres, cifrando García Rodríguez en preto de 1.000 o número destas últimas.

A este respecto, a maioría das mulleres detidas no Arnao entre 1939 e 1943 fixeron parte na súa practica totalidade da rede de enlaces da resistencia armada á ditadura. Así, García Rodríguez documentou a presenza en Arnao de sete irmáns e irmás do guerrilleiro mariñán, Jesús Iglesias Escourido, Tizón, entre elas Carmen, Concepción, Dolores e Josefa.

Outro tanto aconteceu co núcleo familiar do guerrilleiro dos Áncares, Abelardo Gutiérrez Alba, cuxa nai e cinco irmás remataron confinados neste campo de concentración. A memoria das xentes de Fornelos, nas terras estremeiras do Bierzo ligadas aos grupos de apoio á acción guerrilleira de Serafín Fernández Ramón "O Santeiro" asociouse, tamén, ao confinamento no Arnao.

Comentarios