A memoria debuxada nas paredes do mosteiro de Oia

Até o 15 de decembro pódese visitar no mosteiro de Santa María de Oia unha exposición que recupera os debuxos gravados nas súas paredes polos presos e presas do franquismo. 'Os presos do Mosteiro. Memorias da Guerra Civil Española'.
Calendario presos Guerra Civil mosteiro Oia
photo_camera Calendario realizado por presos da Guerra Civil nas paredes do mosteiro de Oia.

Máis de 5.000 persoas estiveron apreixadas no cento de confinamento de Oia entre os anos 1937 e 1939. Malia que a inspección de campos de concentración da época desaconsellaba a apertura deste espazo, a gran cantidade de presos políticos xerados polas decisións do franquismo obrigou a habilitar as edificacións do mosteiro, fundado no século XII, como campo de concentración.

Agora, unha mostra recupera os debuxos, calendarios, sinaturas e proclamas que as persoas encarceradas durante a Guerra Civil inscribiron nas paredes do complexo relixioso.

Restauración

As ilustracións foron recuperadas e pretenden ser unha homenaxe a todas as prisioneiras procedentes dos diferentes territorios do Estado español. Asturianos, cántabros e vascos nos primeiros tempo; catalanes, valencianos e mallorquinos contra o final da guerra

Foron necesarias máis de 1.500 horas de traballo por parte dun equipo especializado supervisado por expertos de Patrimonio para rescatar os grafitos da época conservados nos muros do mosteiro. Segundo as actuais propietarias do complexo, trátase da "maior obra de recuperación da memoria histórica na Galiza", á que se destinaron 300.000 euros.

As creacións

A guerra, o tempo, os pensamentos e as palabras. Son os catro bloques que artellan a exposición e guían as visitantes pola memoria das presas debuxada nos muros do mosteiro de Oia.

A guerra, o tempo, os pensamentos e as palabras son os catro bloques que artellan a exposición e guían as visitantes pola memoria das presas debuxada nos muros do mosteiro de Oia.

Nas paredes de xeso deste mosteiro con máis de 800 anos de historia, os presos plasmaron a súa creatividade, recordos, angustias e reivindicacións. Calendarios, debuxos, e escritos da súa propia memoria persoal e colectiva que se poden ver en San María de Oia até o 15 de decembro.

Durante a inauguración da exposición, a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, agradeceu á propiedade do mosteiro o traballo destes anos "para pór en valor todo o patrimonio do municipio”, así como o seu compromiso “coa memoria histórica".

Comentarios