Memoria da guerrilla entre Melide e Rianxo

Entre Melide e Rianxo e na primeira fin de semana de xuño realizarase o encontro “A guerrilla e os campos de concentración” coa presenza de Quico, un dos últimos guerrilleiros vivos.

Quico
photo_camera Quico

O III Seminario sobre a memoria que terá lugar entre Melide e Rianxo desde o día 1 de xuño achegarase á guerrilla e os campos de concentración. Alén das conferencias e mesas redondas, no encontro visitaranse os lugares nos que se instalaron campos de concentración franquistas. Francisco Martínez (Quico) relatará a súa experiencia e servirá como singular guía dalgunha das actividades das xornadas. Quico pertenceu á guerrilla de Manuel Girón que actuou entre Galiza e León ata 1951, data na que se exiliou a Franza.

Especialistas e investigadores como Xaquín Yebra, Xesús Costa ou Xesús Santos participarán neste seminario organizado pola Nova Escola Galega e a asociación Barbantia.

No programa inclúese unha viaxe até Rianxo pola ruta a través da que se realizaba o transporte de prisioneiros desde Padrón a San Pedro de Muros, ademais dun percorrido polos espazos de referencia dos prisioneiros do franquismo en Rianxo. 

Comentarios