Mártires que non caen no esquecemento

Máis de 200 veciñas e veciños respaldan a iniciativa do colectivo Memoria da Mariña para homenaxear as persoas represaliadas polo fascismo en Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo.
asistentes á homenaxe ás vítimas do franquismo en Mondoñedo
photo_camera Asistentes á homenaxe ás vítimas do franquismo en Mondoñedo (Foto: Nós Diario)

As vítimas do fascismo en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro recibiron hoxe a súa homenaxe mediante unha iniciativa composta por diversos actos e que estivo comandada polo colectivo Memoria da Mariña.

O primeiro evento da xornada foi unha lembranza ante o monumento que rende tributo a todas as vítimas do franquismo de Mondoñedo mais a outros veciños de concellos como Ribadeo, A Pastoriza e Viveiro

Logo dunhas palabras de familiares de Siervo González, Graciano Paz e Manuel Rodríguez -militantes da Sociedade Obreiros Católicos, da CNT e da Unións Socialista Galega, mortos no lugar da Rocha, ao carón da Travesía dos Remedios-, o acto -que estivo conducido polo cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa- trasladouse a carón da placa en lembranza aos sete veciños de Ribadeo asasinados en Mondoñedo. 

Como remate desta serie de eventos -que contaron coa presenza de arredor de 200 persoas- tiveron lugar unha mesa redonda arredor da represión e un xantar de confraternización.

Comentarios