Margery Kempe, unha inglesa en Compostela

Margery Kempe, inglesa nada cara a 1373 e moi dada a viaxar a calquera parte onde houber unha reliquia, embarcou en Bristol, en xullo de 1417, e após sete días de viaxe desembarcou na Coruña para continuar viaxe a Compostela. A viaxe de volta durou cinco días. En total estivo fóra vinte e seis días, catorce deles en Compostela durante os cais puido pregar á vontade e admirar a bela catedral.

Contos de Canterbury
photo_camera Peregrinaxe medieval. Contos de Canterbury [Imaxe: British Library/The Art Archive].

A viaxe en barco á Coruña non era fácil. No mesmo século XV un peregrino, que non deixou o seu nome, escribía un texto titulado Os peregrinos por mar e os mareos: “Os que parten para Santiago renuncian a todos os praceres. Moitos enferman ao entrar no mar. Cando saen de Sandwich, Winchelsea ou Bristol ou desde calquera outra parte, os seus corazóns comezan a enfraquecer"

Aceptar unha muller a bordo traia má sorte. Por iso Margery tardou en encontrar quen a quixese transportar á Coruña e iso que, sendo ela moi devota, contaba con todo o apoio do bispo de Bristol. Cando finalmente ía embarcar, a tripulación do barco advertiuna antes de por un pé na cuberta: como atraise algunha tempestade lanzaríana inmediatamente pola borda. E asunto resolto. Xa sabemos que non pasou nada pois desembarcou na Coruña e regresou a Inglaterra despois de visitar outros lugares santos.

Con certeza houbo outras mulleres que chegaron a Compostela mais desta sabemos porque ditou as súas memorias a un sacerdote e esas memorias chegaron ao nós en forma de libro, O libro de Kempe, considerado a primeira autobiografía en inglés.

Margery di, no libro, que non sabía ler nin escribir e por iso dita. Mais iletrada, no período, quería dicir que alguén non lía e escribía en latín fluente. Ela podía ser iletrada, mais demostra ter familiaridade con moitos libros; chega mesmo a dicir que coñecía toda unha biblioteca!

Na súa narración percíbese a influencia, entre outros, dos escritos de Santa Bríxida de Suecia e de Richard Polle, autor do libro de piedade máis famoso do período. A personaxe de Maria Madalena atravesa toda a narrativa de Kempe. En 1939 encontrouse o manuscrito que ela ditara. Paga a pena ler mais non é fácil encontrar o libro.

Así que, cun salto no tempo, imos tomar Sophia de Mello Breyner Andresen por compañía e achegarnos a Compostela para admirar, como fixo Margery Kempe, “a pedra esculpida do pórtico antigo”

SÃO TIAGO DE COMPOSTELA

(A D. António Ferreira Gomes, Bispo do Porto)

A São Tiago não irei

Como turista. Irei

– se puder – como peregrino.

Tocarei a pedra e rezarei

Os padres-nossos da conta

Como um campesino.

Assim pudesse o poema

Ter doçura de trigo

Como a pedra esculpida

Do pórtico antigo

Ter em si próprio, a mesma

Compacta alegria,

Cereal claridade

Ante o voo da Ave.

Do Espírito se ergue

Os pilares da nave.

in Ilhas


 

Comentarios