Unha marcha a pé de Sada a Meirás reclamará a devolución do Pazo en mans dos Franco

Convocada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH).

Unha marcha a pé de Sada a Meiras para  apoiar a acción civil pola devolución do pazo en mans dos Franco.  Esta é a proposta que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) vén de formular a organización políticas, sindicais e colectivos sociais. Sería o sábado 10 de novembro, con saída do Monumento ás Vítimas do Franquismo que está no Paseo Marítimo de Sada ás 12 da mañán, e remataría na porta principal do Pazo de Meirás.

“Cremos que é hora  da mobilización popular para axudar a forzar que se dea unha acción civil que leve ao Estado español a forzar unha acción civil contra a familia Franco, para que estes teñan claro que o que teñen que facer é devolver o Pazo de Meirás á titularidade pública”, indican desde a Comisión.

Lembra esta entidade que após dous informes xurídico-históricos, ún feito a instancias da Deputación da Coruña, e outro do Parlamento de Galiza, onde se acredita “sobradamente” que o Pazo de Meirás é “un roubo á cidadanía galega por parte do ditador Francisco Franco”, e logo do acordo unánime do Parlamento de Galiza, no que se insta á recuperación do Pazo ao patrimonio público sen nengún tipo de compensación económica á familia Franco, “queda suficientemente probada a irregular e ilexítima propiedade do devandito pazo por parte da familia Franco”.

Comentarios