Máis prexuízos contra a Galiza

Screen Shot 2018-07-19 at 18.30.13
photo_camera Diego Villarroel

O salmantino Diego Torres Villarroel, considerado unha das mentes máis brillantes e inquietas do seu tempo, peregrinou a Santiago en 1737. Peregrinación a Santiago, poema duns mil versos, narra a súa peregrinación entre Salamanca e Santiago a través de Portugal.

Screen Shot 2018-07-19 at 18.30.26

A maior parte do poema descrebe o seu paso por Portugal, país que cruza cara ao oeste até Lamego, Braga e Valença, entrando a Galiza por Tui. O percorrido coincide en boa medida con itinerarios actualmente recoñecidos como rutas de peregrinación. A viaxe, iniciada na primavera, durou cinco meses. A narración conclúe coa estancia en Santiago, sen explicar a forma en que regresa. Só comenta, de pasada, que volveu "por outro camiño"

Mais tanta brillantez mental como lle recoñece a crítica non foi suficiente para superar algúns dos prexuízos que contra os galegos se verteran nos séculos anteriores e el reproduce.

Así descrebe as mullere:s

Una rolliza Gallega

por tetas dos calabazas

una cuba por barriga

y por embès dos tinajas

Noutro lugar identifica as mulleres coas coellas:

Seis veces al año paren

Las mugeres ordinarias

Siendo la que pare cinco

Por estéril, repudiada.

Non parece tanta brillantez intelectual a deste home que, podendo ser orixinal, aplica o seu intelecto a reproducir tópicos que, na altura, estaban bastante vellos.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios