A lembranza fotográfica de Salvaterra

Unha exposición recolle un cento de imaxes históricas recompiladas pola veciñanza da localidade e documentos históricos inéditos. 

Chegada do tren a Salvaterra nos anos '30
photo_camera Chegada do tren a Salvaterra nos anos '30 [Imaxe cedida]

A Asociación Lazoiro converteu en exposición o proxecto de recompilación do seu arquivo fotográfico e audiovisual Memoria de Salvaterra. Unha iniciativa que envolve centos de imaxes das parroquias deste concello, desde a década dos '10 até comezos do século XXI. Un percorrido polo pasado mais do que tirar proveito no futuro. 

A exposición atópase no Castelo de Salvaterra e presentarase o 20 de novembro. Unha iniciativa coa que din desde Lazoiro pretenden "non só pretende dar a coñecer aos veciños e veciñas o paso do tempo, senón tamén que aprendamos cousas esquecidas e que foron de vital importancia, xa 
sexan celebracións, tradicións, persoas relevantes, ou oficios".

En total trátase dunha selección de cen fotografías mais tamén de documentos históricos inéditos que aínda non foron pendurados no portal web do memorial. 

A exposición preséntase o 20 de novembro no Castelo de Salvaterra

A Asociación salienta a importancia da “participación” veciñal á hora de desenvolver a recollida de todo o material que atinxiu mesmo persoas da outra beira da raia, en Monção e sen as que, din, “sería imposíbel estar a pensar nunha exposición”.

O proxecto, Memoria de Salvaterra, atinxiu un grande suceso desde o seu lanzamento on­line obtendo máis de 800 visitas diarias.

Nos últimos anos outros concellos do país, através de iniciativas populares, teñen desenvolvido proxectos de recuperación da memoria colectiva através de fotografías e arquivos audiovisuais. Eis o caso de Fálame de San Sadurniño, un proxecto impulsado desde a aula CeMIT do concello e a súa responsábel, Carmen Suárez, que recibiu o premio europeo ACTing pola súa "creatividade", "innovación", "impacto" e "utilidade social". 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios