Sábado 23 de marzo

O labor de Chato Galante contra a impunidade franquista, en Pontevedra

José María Chato Galante, un dos actvistas máis implicados do Estado contra a impunidade, ofrecerá este sábado 23 de marzo en Pontevedra as súas experiencias e traballos. Será nun xantar aberto no Pazo da Cultura, organizado pola Iniciativa Galega pola Memoria.
 

chato galante
photo_camera Chato Galante en dúas imaxes. Foto: A Comuna de Presos do Franquismo.

Galante (Madrid, 1948), militante do Sindicato Democrático de Estudantes e da Liga Comunista Revolucionaria, foi vítima da tortura franquista en diversas ocasións ao longo das décedas de 60 e 70. Membro na actualidade do colectivo A Comuna de Presos do Franquismo, desenvolve un incansábel labor contra a desmemoria e transixencia coa supervivencia de riscos franquistas.

Entre os logros maiores da Comuna atópanse as máis de 50 querelas contra o franquismo que investiga a xuíz arxentina María Servini.

A Iniciativa Galega pola Memoria quere con este xantar aberto -ás 14.15 horas e co prato a 20-25 euros por persoa- “compartir experiencias e recoñecer o traballo que está a facer quen é un referente no Estado da loita contra a impunidade”.

“Deixa en evidencia un Estado en que a Xustiza non persegue nin condena aos autores destes crimes contra a humanidade -moitos aínda vivios- senón que mesmo os homenaxea e condecora, como é o caso de Billy el Niño”, engade a agrupación galega.

Comentarios