Joselín, o grande contador de historias

Hai máis de sesenta anos, foi o vinte de setembro de 1958, que morreu José Rodríguez de Vicente, coñecido como Joselín, pioneiro na arte da narración oral. Emigrado en 1916 en Uruguai crea o personaxe de Joselín para contar contos.
Captura de pantalla (72)
photo_camera Captura de pantalla (72)

O 31 de agosto de 1920 a Academia celebrou sesión en Mondariz. Foi a recepción como académicos de Rey Soto e Cabanillas. E houbo unha homenaxe a Murguía, que non puido asistir debido á idade. Foron tres xornadas de exaltación da cultura galega no complexo turístico máis prestixioso da Galiza do seu tempo, o que provocou algunhas críticas por parte de académicos que non achaban correcta a celebración de actos da Academia fóra da sede coruñesa da institución.

A prensa salienta a magnífica leitura que do soneto de Cabanillas fixo Rodriguez de Vicente.

download

No teu escudo, seu blasón,

seu sello, tral-o rudo loitar, pon a Vitoria.

¡Xa te agarima baixo as áas a Groria,

mestre e patriano, nobre e santo vello!

Ó teu xigante esforzo e san consello

debe a Terra gallega súa historia,

i-ondequeira que d'Ela haxa memoria

teus estúdeos serán fonte i-espello.

Miña y-alma, pasmada do tesouro

d-unha vida cuaxada en libros d'ouro

que forxa a cencia i-o talento adoba

chega hastra tí, saúdate e, incrinada,

bica as mans que na Suevia esnaquizada

Un mes máis tarde estrearía no teatro Cabanillas de Baiona a súa primeira obra de teatro titulada O Redentor. A obra foi posta en escena con elementos da compañía Gómez Rocafull, que actuaba na vila e foi dirixida polo autor. Novamente emigrado, en Bos Aires conduciu o primeiro programa de radio galega La Hora Gallega, o programa que o consagrou como contador de historias postas na boca dun galego de aldea, iletrado mais cheo de sabedoría.

Comentarios