Contra a impunidade, memoria histórica

Deputación de Pontevedra inicia esta sexta feira unhas xornadas sobre vítimas, xustiza e reparación.

Pazo da Deputación de Pontevedra (wikipedia)
photo_camera Pazo da Deputación de Pontevedra (wikipedia)

A Deputación de Pontevedra inicia esta sexta feira os actos das Xornadas de Memoria Histórica na loita contra a impunidade. Ás 19:00 horas terá lugar  un acto informativo aberto ao público no que se explicará a situación actual da querela arxentina contra os crimes do franquismo e como as familias das vítimas galegas poderán adherirse a esa causa xudicial. O acto pechará coa proxección de El silencio de otros, documental que narra a loita silenciada das vítimas do réxime de Franco.

Segundo explicou a deputada María Ortega, os actos organizados pola Deputación teñen como obxectivo apoiar e facilitar ás familias das vítimas o seu dereito á xustiza e reparación, poñéndoas en contacto con representantes da Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina (CeaQua).

No acto informativo estarán en Pontevedra os avogados de CeaQua Jacinto Lara e Paloma García, así como a súa persoa de contacto na Galiza, Jana Calero, e o ‘loitador antifranquista’ e querelante Chato Galante.

Sinatura da querela arxentina polas familias Bóveda e Caamaño

Xa o sábado, o Salón de Plenos da Deputación acolléra un acto institucional no que dúas das familias máis significadas da loita antifranquista en Pontevedra, os Bóveda e os Caamaño, asinarán a súa adhesión á querela arxentina.

Durante o acto institucional, igualmente aberto ao público, proxectarase tamén un pequeno fragmento do documental de Óskar Galansky ‘A guerra dos avós’, e a intérprete MJ Pérez tocará na guitarra as cancións ‘A peza solta’ e ‘Cassandra’.

Comentarios