Homenaxean na Coruña Pedro Galán Calvete, mozo nacionalista asasinado en 1936

O BNG coruñés lembrou no cemiterio de Santo Amaro o compromiso deste mozo asasinado con 19 anos que "sempre daba a man esquerda cando se presentaba e cando saudaba. Tamén cando se despedía. Facíao porque a esquerda é a man que sae do corazón".

AFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFFF
photo_camera Oferenda floral ante a tumba de Pedro Galán (Foto: M. M.)

Un ano máis, o cemiterio de Santo Amaro acolleu a homenaxe e lembranza que o BNG da Coruña rende a Pedro Galán Calvete, mozo de 19 anos, nacionalista, que foi asesinado en 1936 polos franquistas.

“Sempre daba a man esquerda cando se presentaba e cando saudaba. Tamén cando se despedía. Facíao porque a esquerda é a man que sae do corazón”, dicían del os seus coñecidos. “Como galego son nacionalista, como home son marxista. Para que me entendas, son un separatista", defeníase a el propio.

Lois Diéguez e María Xosé Bravo tomaron a a plabra no acto de homenaxe para lembrar toda unha xeración de coruñeses comprometidos coa Galiza e coa democracia e que pagaron un alto prezo por iso: morte, cadea, exilio.

Galán Calvete foi detido o 10 de setembro de 1936 na rúa Bailen da Coruña, mentres paseaba coa súa moza e foi conducido ao cárcere da Coruña e posteriormente ao cuartel da policía de Orzán.

As xestións familiares diante de Luís Tovar Filgueiras, xefe do estado maior da VIII rexión militar, non conseguiron a liberdade dun mozo que ao pouco do golpe de estado do 18 de xullo, renunciara a fuxir a América, tal como lle suxerira seu pai, camareiro naqueles barcos de pasaxe que cruzaban o Atlántico transportando emigrantes. O seu corpo apareceu na Corveira-Culleredo.

Lois Diéguez e María Xosé Bravo tomaron a a plabra no acto de homenaxe para lembrar toda unha xeración de coruñeses comprometidos coa Galiza e coa democracia e que pagaron un alto prezo por iso: morte, cadea, exilio.

Fundador en Outubro de 1933 da “Mocedade Galeguista” da Coruña”, aquela “centuria de marxistas, troskistas e libertarios unidos unicamente por un nacionalismo a ultranza” en palabras do seu presidente Jenaro Marinhas. Secretario de organización e asinante do seu primeiro manifesto “eiquí os mozos consentes da Coruña, seguindo o vieiro doutras mocidades galegas, xunguímonos nas Mocidades Galeguistas dispostos a loitar pola liberdade da Nai-Terra”.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios