O vindeiro 12 de maio a ponte internacional e a sala de conferencias da sala museo de Monção acollerán unha homenaxe aos portugueses mortos polo Franquismo durante a Guerra Civil. Está organizado pola Casa Museu de Monção/ Universidade do Minho, o Instituto de História Contemporãnea da Universidade Nova de Lisboa, a Fundação Mário Soares, o Centro de História Contemporãnea/ ISCTE, o proxecto Nomes e Voces da USC e a Câmara Municipal de Monção. Os actos comezarán ás 15 horas na ponte internacional co descerramento da placa cos nomes dos mortos polo réxime de Franco e a actuación do grupo de gaitas Os Concheiros. Intervirán José Emilio Moreira, Presidente da Câmara Municipal de Monção, António M. Cunha, Reitor da Universidade do Minho, Fernando Rosas, da Universidade Nova de Lisboa, e Mário Soares. Seguirá un debate na Sala de conferencias da cadsa museo de Monção coa participación de Lourenzo Fernández Prieto e Dionísio Pereira, do proxecto Nomes e Voces da USC, Paula Godinho, da Facultade Ciencias Humanas e Sociais da Universidade Nova de Lisboa e Norberto Cunha da Universidade do Minho. Rematará o acto coa actuación do grupo cultural “Os Sinos da Sé”.
Procura
En destaque
Máis Nós
Homenaxe aos portugueses mortos polo franquismo
Monção acollerá o día 12 de maio unha xornada para lembrar a represión de portugueses despois de 1936
Máis en MEMORIA E HISTORIA
MEMORIA E HISTORIA
O BNG insta a Xunta da Galiza a "obrigar" os Franco a abrir ao público a Casa Cornide
Redacción
16/abr./24 15:48
MEMORIA E HISTORIA
'Nós Diario' lanza un caderno sobre Ánxel Casal e a edición na Galiza
A. M.
16/abr./24 9:35
MEMORIA E HISTORIA
A Lei de memoria permite ilegalizar organizacións franquistas... pero non nazis
Redacción
14/abr./24 12:45
Contracultura
Matías Losada, editor: "Vilas como Betanzos ou Mondoñedo teñen unha historia fascinante por sacar á luz"
Laura Veiga
11/abr./24 7:41
MEMORIA E HISTORIA
Unha mesa redonda en Ferrol repasa a traxectoria biográfica de Benito Vicetto
M. X.
10/abr./24 7:57
MEMORIA E HISTORIA
Narón homenaxea a "solidariedade e compromiso" da familia Díaz Corral coas persoas represaliadas polo franquismo
Redacción
06/abr./24 18:41
Comentarios