'HMS Captain', sétima entrega do coleccionábel 'A historia marítima baixo as nosas augas'

O 7 de setembro de 1870, o Vicealmirante señor Alexander Milne, Comandante da División naval da Mancha, dirixía ao almirantado británico, por medio da nave Psiquis, o seguinte telegrama: "Láiome de ter que lle transmitir unha dolosa nova. O Captain debeu irse a pique esta noite. Ás dúas da mañá, atopábase aínda á vista do meu navío; produciuse un imprevisto refacho de vento violentísimo de súpeto, dende o suroeste; intres despois, ollando ao lugar que ocupaba o barco, este desaparecera da superficie. Esta mañá, no lugar onde desapareceu, foron atopados algúns anacos das súas antenas. Desgrazadamente, todos os homes da nave desapareceron. Mañá parte o Inconstant coa miña relación detallada".
O 'HMS Captain', no dique (Foto: www.paralibros.com).
photo_camera O 'HMS Captain', no dique (Foto: www.paralibros.com).
O Capitán Cooper Phipps Coles foi o deseñador deste gran buque da Royal Navy, e con el fixo realidade o seu soño, abraiado fronte ao modelo Monitor, que actuara na guerra de Secesión…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios