NON DES A ESQUECEMENTO

A historia de Edmundo Novoa, o cónsul que salvou tantas vidas

O cónsul de Uruguai en Vilagarcía, Edmundo Novoa, pai do pintor Leopoldo Nóvoa, acolleu a moitas persoas ás que salvou da represión fascista. O blog Non des a esquecemento de Luís Bará relata a súa historia. 

Edmundo Nóvoa, pai do pintor Leopoldo Nóvoa, era en 1936 cónsul da República de Uruguai en Vilagarcía. A súa foi casa refuxio de compatriotas e de galegos comprometidos coa causa da liberdade. E utilizou o seu coche con bandeira diplomática para pasar a moitos perseguidos através da fronteira portuguesa, camiño da liberdade. A moitas outras persoas, o cónsul arranxoulles a documentación para que saisen en barco rumbo a América. Até que o goberno de Burgos lle retirou o exaequator e tivo que trasladarse a Porto, desde onde seguiu realizando xestións para axudar aos perseguidos a cruzar a fronteira... A súa historia pódese ler no artigo "A casa do cónsul" do blog Non des a esquecemento de Luis Bará. 

Comentarios