II Memorial 'Irmáns da Lexía'

Guitiriz mantén viva a memoria dos ‘Irmáns da Lexía’: deportistas, obreiros, antifascistas

Bebel xogaba no Deportivo e France era boxeador e ciclista. Os dous foron asasinados polos franquistas no Campo da Rata da Coruña. Tamén foi asasinado días despois o seu irmán pequeno, Jaurés. O 17 de agosto, en Guitiriz, terá lugar o II Memorial 'Irmáns da Lexía' para lembrar os tres antifascistas.

Pepin e Bebel, dous dos 'Irmáns da Lexía'
photo_camera Pepin e Bebel, dous dos 'Irmáns da Lexía'

Bebel, France e Jaurés García, coñecidos na Coruña como os irmáns ‘da lexía’ polo negocio da famlia en Monte Alto, foron asasinados polos fascistas nos primeiros momentos do golpe de estado de 1936. Os tres estiveron presos no antigo cárcere da Coruña, de onde sacaron a Bebel e France para fusilalos no campo da Rata. A Jaurés, menor de idade, condenárono a cadea perpetua mais días despois o seu corpo tiroteado apareceu ao pé da tapia do cemiterio de San Amaro. O irmán maior,Pepín, combateu o fascismo desde as filas do 'Quinto Regimiento' en Madrid, onde perdeu unha perna na batalla de Brunete. Cando Franco gañou a guerra, exiliouse aAmérica do Sur.

EA3qxkZXoAM-K4R

Por segundo ano, un memorial lembrará e homenaxerará 'Os irmáns da lexía'. Será o vindeiro 17 de agosto, en Santa Mariña de Lagostelle, no concello de Guitiriz, organizado pola asociación Xérmolos, os Riazor Blues e a Irmandade Manuel María.  O memorial comezará ás 13:00 horas cunha ofrenda floral na memoria destes tres antifascistas. Pouco despois terá lugar unha sesión vermú que dará paso a un xantar popular. Xa pola tarde, ás 18:30 horas e no campo de fútbol Noreña Basanta terá lugar o II Trofeo Babel, no que competirán o Parga F.C e o C.D.X Aranga.

Xa chegando a noitiña, ás 21:00, será o concerto, coa participación de Nao, Son da Rúa e Nuada.

Deportistas, antifascistas

France era boxeador e ciclista. Bebel xogaba no Deportivo da Coruña. Ambos os dous militaban nas Xuventudes Socialistas Unificadas. O compromiso político víñalles de familia, o seu pai era un comprometido militante socialista. De feito, púxolle Bebel de nome a este seu fillo polo político socialista alemán August Bebel.

O seu compromiso político era coñecido. Os irmáns foron detidos pola Garda Civil cando, após o Golpe de Estado, tentaban pasar a Asturies. Acusóuselles de atacar persoas de dereitas, queimar igrexas e atentar contra un xeneral do exército español. No xuízo sumarísimo contra eles tomou parte José María Salvador, presidente do Deportivo entre 1935 e 1941. 

Eduardo Galeano ten unha peza (Última voluntad) na que rende homenaxe a este xogador deportivista:

A Coruña, verán de 1936: Bebel García morre fusilado.

Bebel é zurdo para xogar e para pensar.

No estadio, pon a camiseta do Dépor.

Á saída do estadio, pon a camiseta da Xuventude Socialista.

Once días despois do cuartelazo de Franco, cando acaba de facer 22  anos, enfronta o pelotón de fusilamento:

*Un momento -manda.

E os soldados, galegos como el, futboleiros como el, obedecen.

Entón Bebel  desabotoa a pitrina, pasesiño, botón tras botón, e de cara ao pelotón bota unha longa mexada.

Despois, abotóase a pitrina:

*Agora si


 


 

Comentarios