sábado 06.06.2020
Galiza no mapa

Galiza nun mapa británico do século XII

É outra expresión da dimensión internacional do Reino de Galiza, mesmo nun tempo político onde xa se iniciara o proceso de incorporación subordinada do país a Castela. Elaborado na segunda metade do século XIII na cidade británica de Hereford por Richard Haldingham e Richard Bello, signifícase pola súa gran precisión en relación con outras cartografías contemporáneas. Eis un extracto da peza publicada ao respeito no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza.

Un detalle do mapa
Un detalle do mapa

7_FS_MapaO mapa de Hereford é unha carta de autor elaborada arredor de 1290 que responde a unha estrutura TO, modelo cartográfico existente na Idade Media caracterizado pola súa preocupación teolóxica. Reciben este nome porque o O representa o mundo en forma circular, a forma xeométrica perfecta, rodeada polo océano, mentres o T refire a articulación do espazo interior ao tempo que presenta a cruz, en tanto símbolo da cristiandade.

A propia forma circular do mapa remite á forma do corpo de Cristo, que aparece abrazado ao mundo, situándose Xerusalén no centro do orbe, onde aparece representado o seu rexurdimento, gravándose a súa cabeza arriba ao leste, a carón do paraíso terreal, e os seus pés ao sur, coincidindo coas columnas de Hércules.

Os mapamundi que seguen este esquema deixan nun segundo plano a precisión xeográfica, presentando formas esquemáticas e destacando a súa función teolóxica.

A cartografía de Hereford é unha peza de 132 por 162 centímetros que durante moito tempo permaneceu pendurado a carón do coro da catedral de Hereford, trasladándose máis tarde á capela do bispo de Audley para volver lucir máis tarde no seu espazo inicial após diversos traballos de rehabilitación e mesmo dun intento de venda á volta de 1988 a consecuencia dos problemas financeiros que padecía a diocese titular do mesmo.

[Podes ler a peza íntegra no número 351 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

comentarios