A Fundación Franco cancela “por seguridade” e “ata nova orde” as visitas ao Pazo de Meirás

Comunícao a través da súa propia web.

franco
photo_camera Captura pantalla da web da Fundación Francisco Franco

A Fundación Francisco Franco anuncia a través da súa páxina web a cancelación “por motivos de seguridade” das visitas ao Pazo de Meirás, unha decisión que se manterá “ata nova orde”. Esta Fundación foi encargada pola familia Franco de xestionar as visitas ao pazo situado en Sada. O pazo foi declarado en 2011 Ben de Interese Cultural (BIC), polo que os propietarios están obrigados a abrir ao público o complexo polo menos catro veces por mes.

A finais de agosto un grupo de militantes nacionalistas accederon ao Pazo de Meirás para levar adiante unha ocupación simbólica do espazo e reclamar que sexa devolto ao pobo “para pór fin a oitenta anos desta ignominia”, segundo explicou desde o interior Néstor Rego, membro da Executiva Nacional do BNG, e unha das persoas que entraron ao Pazo saltando un valado.

Comentarios