A PROPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL

Franco deixará de ser alcalde honorario de San Sadurniño

O Pleno municipal de San Sadurniño acordou, por unanimidade, a retirada do título de alcalde honorario a Franco, unha distinción que foi outorgada en 1939. A proposta xurdiu do propio Goberno municipal, encabezado polo alcalde, Secundino García Casal (BNG).

Franco e Millán Astray
photo_camera Franco e Millán Astray

O Pleno municipal de San Sadurniño aprobou hoxe por unanimidade e sen ningún tipo de debate a proposta do Goberno para lle retirar a Franco o título de alcalde honorario, unha distinción que lle foi outorgada en 1939. O Goberno encabezado polo nacionalista Secundino García Casal tamén acordou a retirada do acordo adoptado o 2 de setembro de 1950, cando era alcalde Emiliano Calvo, para lle suprimir o título de fillo predilecto ao ministro de Traballo por aquel entón, José Antonio Griñón de Velasco.

Ademais, a resolución que se someteu a Pleno reafirmou a condena do golpe de Estado de 1936, da guerra civil e da ditadura franquista e ratificou o compromiso municipal coas liberdades, a xustiza e a sustentabilidade social e ambiental.

Comentarios