Os Franco defenden a venda da Casa Cornide por ser " súa"

@xlmartinez cornide
photo_camera Imaxe de arquivo dun acto devolución ao patrimonuio da Xasa Cornide (Foto: @xlmartinez)

O avogado da familia Franco, Luís Felipe Utrera Molina, defendeu que os seus clientes poden pór á venda "calquera propiedade que sexa súa", ao ser preguntado, antes do inicio do xuízo sobre a devolución ao Estado do Pazo de Meirás, pola Casa Cornide, da Coruña.

"Declararon os impostos da herdanza da súa nai e poden pór á venda calquera inmoble da súa propiedade", recalcou despois de que a Casa Cornide, sobre a que se reclama a súa devolución ao patrimonio público, aparecese posta á venda nun portal inmobiliario.

Mentres, sobre o xuízo sobre o Pazo de Meirás, insistiu en que se centra "nunha discusión sobre o dereito da propiedade" fronte aos argumentos do Estado que o reclama como un "ben público" e que alega que houbo unha "venda simulada" a Franco en 1941.

Da vista, dixo que lamenta "que por parte do Estado hai unha tentación de tentar politizar un asunto que é meramente xurídico". "Non se trata de decidir se Franco era bo, malo ou regular".

"Pola posesión pacífica como donos desde 1975, asumindo custos da obra, a reconstrución no incendio e nese momento o Estado non se acordou que non era seu porque sabía que non era seu", engadiu.

Comentarios