A Casa Museo Casares Quiroga acollerá durante 15 días a exposición Boix, fotógrafo de Mauthausen, organizada pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica en colaboración co Concello da Coruña.
Ademais, a quinta feira 8 de febreiro, o investigador Benito Bermejo ofrecerá unha conferencia sobre Boix “testemuño do horror”. Bermejo é autor do libro Francisco Boix, o fotógrafo de Mauthausen (2002), reeditado en 2015 baixo o título O fotógrafo do horror: a historia de Francisco Boix e as fotos roubadas aos SS de Mauthausen.