MULLERES NAS IRMANDADES

A Fondo: A Galiza das irmás

Dedicamos o A Fondo desta semana, coordinado pola investigadora Cilia Torna, ás mulleres das Irmandades da Fala. Elvira Bao, Amparo López Jean, María Miramontes, Pilar Durán, Carmen e Micaela Chao... neste caderno escribimos sobre todas elas, que traballaron pola igualdade absoluta entre a muller e o home.

AF Irmandades
photo_camera Detalle da capa

En Problemas políticos. 1º igualdade de direitos pr-a muller, a escritora e profesora da UDC Pilar García Negro expón como os homes das Irmandades destacaron pola súa posición avanzada arredor da igualdade entre homes e mulleres e dá conta de como Galiza estivo á vangarda das declaracións igualitaristas.

A continuación, recollemos a entrevista con Elvira Varela Bao, parte viva da memoria das mulleres nacionalistas que se organizaron arredor das Irmandades. Filla de Elvira Bao e de Bernardino Varela, é unha das crianzas que aparece nas escasas mostras gráficas das mulleres das Irmandades. “O que hai agora, todo o que hai, é por eles. Eles puxeron os cimentos e de aí sae todo”, contounos.

Cilia Torna, coordinadora deste A Fondo, asina a peza A Irmandade Feminina da Coruña, na que explica que a organización é consecuencia da posición do nacionalismo a favor dos dereitos das mulleres e da disposición dun núcleo destas en converter a proposta en acción. Aliás, salienta que as militantes da Irmandade Feminina xogaron un papel decisivo na autoorganización das mulleres na Coruña.

En As mulleres de A Nosa Terra, a xornalista Carme Vidal afonda nas páxinas do voceiro das Irmandades, que recolleu a pegada feminina da organización nacionalista e o alborexar das primeiras xornalistas. Aliás, da conta da reverencia de ANT a Rosalía de Castro e a Concepción Arenal.

Este A Fondo fecha co artigo de Cilia Torna As pioneiras da Galiza por facer sobre o papel das mulleres na construción do movemento nacionalista e a elaboración dunha proposta doutrinal que avanzase na igualdade real de dereitos.

[Podes ler o A Fondo íntegro no Sermos Galiza 196, xa dispoñíbel na loxa]

Comentarios