Finou Ramón Portas, histórico dirixente da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina

O comunista Ramón Portas foi un dos últimos dirixentes históricos da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina
Documentos de afiliación de Ramón Portas.
photo_camera Documentos de afiliación de Ramón Portas.

En Santo Adrián de Vilariño (Cambados), a 19 de novembro de 1928, naceu Ramón Portas, coñecido de pequeno como Monchito, fillo de Carmen Fuentes Torres, labrega. O pai, Evaristo Portas, noivo da nai, marchou á Arxentina ao pouco do embarazo. Desde mozo, Ramón implicouse politicamente, participando das Xuventudes Socialista Unificadas.

Traballou no Brasil e logo pasou  á Arxentina até chegar a Bos Aires, estando sen documentos durante un par de anos até que o Goberno lle deu residencia no concello de Ensenada.

En 1952, en Bos Aires, asenta en San Telmo, a uns escasos 50 metros da Federación de Sociedades Galegas Alí vivían varias familias galegas, entre eles o seu propio pai, Evaristo Portas, con que forma nova familia. Evaristo foi un dos fundadores do PCE do exilio.

Ramón Portas súmase ás actividades da Federación de Asociacións Galegas onde coñece Marta Tárela, coa que  casa e ten dous fillos. Daniel e Adriana.

Na Federación tivo unha activa participación desde a comisión directiva, as comisións de traballo, as sociedades de Cambados e a de  Vilagarcia ou o Ateneo de Cultura Curros Enríquez.

Desde a súa chegada asumiu unha militancia activa tanto no Partido Comunista de España e no PC arxentino.

Conta o escritor e político Lois Pérez Leira en Tercera Información como coñeceu Ramón Portas en 1977 cando se integrou na Federación de Asociacións Galegas. Tanto con el como coa súa compañeira, Marta Tarela, compartiu a directiva do Ateneo de Cultura.

Coa aparición das concepcións eurocomunistas Leira relata como aumentaron as discrepancias co seu pai e irmán Alberto Portas. Eles asumiron as teses de Santiago Carrillo. Mentres que Ramón se incorpora ao Partido Comunista Arxentino.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios