Ferrolterra homenaxea a 'Os nosos veciños en Mauthansen'

Unha exposición, o documental Galegos en Mauthansen do director Xosé Abad e un coloquio lembrará esa parte da represión fascista.
Mauthansen
photo_camera Mauthansen

Os actos en homenaxe a 21 veciñ@s deportados a ese campo de concentración terán lugar o 26 e 27 de xullo na Casa da Xuventude de Ares. Na quinta feira terá lugar a inauguración dunha exposición fotográfica e a proxección do documental Galegos en Mauthansen do director Xosé Abad, cunha duración de 15 minutos, feita de forma totalmente desinteresada por parte de cineasta.

Ás 20:00 horas, no Parque Rosalía de Castro, terá lugar a inauguración dun monumento conmemorativo. Trátase dunha vía do tren que sube ao ceo como unha escaleira, nela van os nomes de persoas de Ferrolterra que estiveron no Campo de Concentración de Mauthansen.
Para a Sexta Feira hai prevista unha Conferencia Coloquio no antigo local de “Alianza Aresana”, a cargo de Ana María Sánches Alcubierre, da Asociación Amicale de Mauthansen, e Enrique Barrera Beitia, Secretario da Asociación Memoria Histórica Democrática. Nese mesmo acto obsequiarase ás presentes o libro “Galegos en Mauthansen”.

Comentarios