Fene recolle o legado educativo das persoas indianas

Con motivo do centenario das escolas de instrución dos "Naturales de Fene", o concello da comarca de Ferrolterra vai recuperar unha parte fundamental da memoria histórica local que se artellou arredor das escolas fundadas polas persoas emigrantes a principios do século XX.

Indianos
photo_camera As actividades estenderanse até mediados de decembro

Unha mostra, un ciclo de conferencias, un concurso de investigación e a xornada Fene Indiano, en que participarán os centros de ensino, son as actividades principais que impulsa o Concello de Fene para conmemorar o centenario das escolas de instrución dos "Naturales de Fene".

Os actos encetarán a próxima sexta feira e estenderase até mediados de decembro co obxectivo de recuperar e difundir a importancia destas escolas emigrantes, como son os grupos escolares Concepción Arenal e Curros Enríquez ou a escola de Limodre. Estes centros, impulsados desde La Habana pola emigración, implicaron un importante adianto educativo no territorio a respeito da metodoloxía, currículos e equipamento docente.

Na programación co gallo do centenario do legado educativo da emigración colaboran a Deputación da Coruña e os centros de ensino do municipio.

Comentarios