Editorial Sermos328: Feixoo falta ao respecto á memoria

Feixoo
photo_camera Feixoo

Non responde á casualidade que Feixoo escenificase o discurso de Fin de Ano diante do lenzo pintado por Castelao como tributo á memoria de Bóveda. Foi un aceno político perfectamente estudado e que se insire na estratexia histórica da dereita na Galiza, a apropiación dos símbolos do país para os baleirar de todo contido real, neste caso inequivocamente transformador quer na chave nacional quer na social.

 

O cinismo de Feixoo non coñece límites: elixe esa escenografía para lanzar unha nova soflama españolista contra os dereitos nacionais de Catalunya, con apelos implícitos á reactivación do 155, na esteira da retórica de Vox. E reparemos aquí que cando malla en Catalunya faino tamén en Galiza. Isto é, o ataque ao alargamento da democracia no Principat -non outra cousa é condenar a realización dun referendo de autodeterminación- non é outra cousa que o correlato ao seu profundo desprezo ao exercicio e ao aprofundamento das liberdades no noso país.

 

Ao pronunciar ese discurso diante dese lenzo, Feixoo fáltalle ao respecto á memoria de Castelao e Bóveda. Non cabe maior indignidade nun político que di falar en nome do autogoberno galego.

 

Comentarios