Falece Xosé Luís Bóveda, fillo de Alexandre Bóveda


Xosé Luís Bóveda Álvarez, fillo de Alexandre Bóveda, finou a madrugada do 27 de xuño aos 81 anos de idade, segundo informa a Fundación que dá nome o mártir galego, da que era vicepresidente. “Merecido herdeiro dun compromiso coa nazón pola que tanto loitou e morreu seu pai. Herdanza envelenada con forma de represalia que soubo converter, no seu caso, na procura da merecida dignificación do seu Pai, maila súa mai, Amalia”, apuntan en nota de prensa.

Os restos mortais de Xosé Luís Bóveda saíran este domingo ás 17.30 horas do tanatorio das Burgas, en Ourense, cara o cemiterio de San Francisco. “Do mesmo xeito que calquera galego pódese apoiar na memoria de Bóveda como exemplo de compromiso cunha terra, nós seguiremos a construír o futuro axudados pola de Xosé Luís”. 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios