UNHA VIDA MARCADA POLO EXILIO

Falece Rosina Villaverde, histórica militante socialista

A histórica militante socialista Rosina Villaverde faleceu a pasada madrugada, aos 97 anos, na súa casa de Vilagarcía. Histórica militante socialista e símbolo do republicanismo nesta vila, Rosina Villaverde recibiu a súa primeira homenaxe este mediodía no acto da Iniciativa Galega pola Memoria na Illa de San Simón.

A histórica militante socialista Rosina Villaverde, cuxa vida estivo marcada polo exilio, faleceu a pasada madrugada aos 97 anos de idade na súa casa de Vilagarcía. Irmá de Mariví Villaverde, foi filla do primeiro alcalde republicano da súa vila, Elpidio Villaverde, e permaneceu activa na loita pola recuperación da memoria até o final dos seus días. Precisamente, no acto organizado esta mañá na Illa de San Simón, as persoas asistentes gardaron un minuto de silencio polo falecemento da arousá.

A persecución do seu pai provocou o seu exilio a Francia, a onde viaxaron nun barco inglés desde Portugal. Anos despois tiveron que exiliarse en Buenos Aires. Regresaron a Vilagarcía tras a morte de Franco.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios