A exposición 'A Nación galega en pé' chega a Lugo

A mostra percorrerá o país após ser visitada por volta dunhas 5 mil persoas en Compostela.

A exposición editada pola Unión do Povo Galego (UPG) con motivo do seu 50 aniversario comeza a súa andaina polo país após ser visitada por volta dunhas 5 mil persoas durante a súa estadía no Pazo de Fonseca (Compostela). 

O primeiro dos destinos será o Museo Provincial de Lugo a onde chega esta segunda feira (2 de febreiro). A súa presentación está prevista para as 20 horas na Sala Multiusos do museo. Nela interverán o delegado da área de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, un dos fundadores da UPG, Bautista Álvarez e a presidenta da Asociación Cultural O Galo e comisaria da exposición, María Antonia Pérez. 

Comentarios