Eu son Lamoso de Postemirón

Abelardo Sobral, canteiro de Postemirón, foi detido, torturado e asasinado polos falanxistas de Moaña e Vilaboa. Luís Bará recolle a súa historia en Non des a esquecemento. 

Conta a memoria oral que foi fondeado na ría de Vigo, o seu corpo non apareceu  nunca. A familia non tivo nin tan sequera unha tumba ou unha lápida onde poñer flores. Mais agora, case 80 anos despois, retornan as voces e os nomes daqueles obreiros que arelaban unha sociedade máis xusta. É o espírito da Regaduxa, que fai que florezan os cemiterios e as cunetas. Son os netos e netas de Abelardo Sobral, que reclaman xustiza, verdade, memoria...Luís bará dedícalle a historia no seu blog á bisneta de Abelardo Sobral, Teri Carro, membro do colectivo A Regaduxa, "na loita permanente pola xustiza e contra o esquecemento".  

Comentarios